1. Xustificación

É evidente que as novas tecnoloxías anegan a vida diaria nos centros educativos. Internet, pizarra dixital, o software educativo… facilitan e optimizan a xestión escolar así coma diversifican metodoloxicamente os contidos da mesma posibilitando a creación de novos materiais didácticos.


A educación, entendida como actividade social que pretende lograr que os alumnos/as alcancen unha formación integral, un nivel de autonomía satisfactorio e que prepara ós rapaces para integrarse no seu ámbito sociocultural, debe ver nas TICs unha vía máis para acadar o seus obxectivos.

A función principal do profesorado consiste en aproximar –gradualmente- o alumnado aos temas controvertidos, achegando informacións ao seu alcance e orientando as súas investigacións.

Con todo isto preséntase un Proxecto de Seminario vertebrado no uso do encerado dixtial e na web.2.0. que pretenden dar resposta a facilita-los procesos de xestión na aula así coma de enriquecer didacticamente as materias a través dos recursos ofertados pola rede.