2. Obxectivos

A educación, entendida como actividade social que pretende lograr que os alumnos/as alcancen unha formación integral, un nivel de autonomía satisfactorio e que prepara ós rapaces para integrarse no seu ámbito sociocultural, debe ver nas TICs unha vía máis para acadar o seus obxectivos.
A función principal do profesorado consiste en aproximar –gradualmente- o alumnado aos temas controvertidos, achegando informacións ao seu alcance e orientando as súas investigacións.

Este seminario do CPI Vicente Otero Valcárcel de Carral (A Coruña), pretende para o curso 2009-10 unha serie de obxectivos:

Obxectivos Xerais

- Analizar o uso e posibilidades didácticas do Encerado Dixital e a Web 2.0 no ensino.

- - Utilizar as TIC para buscar, localizar, avaliar e recuperar información a partir dunha gran diversidade de fondos.

- Aprender a implementar aplicacións Web 2.0 a partir de experiencias prácticas.

- Traballar co encerado dixital como medio para usar, de xeito interactivo, os recursos da Web na práctica docente con un grupo-clase.

- Elaborar unha páxina Web na que se fagan públicos os materiais e resultados acadados, a fin de que resulten accesibles os demáis membros da Comunidade educativa.



Obxectivos específicos

- Actualización e adquisición por parte do profesorado duns coñecementos teóricos e prácticos en relación coas TICs.

- Fomentar o traballo en grupo.

- Elaborar materiais didácticos.

- Seleccionar programas e materiais informáticos educativos que poidan axudar ó profesorado na aprendizaxe da materia a traballar.

- Introducir as TICs no ensino de forma xeneralizada e innovadora, analizando os cambios que supoñen para o profesor, como mediador nos procesos de ensino-aprendizaxe.

- Coñecer os riscos e posibilidades educativas das TICs na súa utilización pedagóxica.

- Contribuír a eliminar a “brecha tecnolóxica” no profesorado do centro, incorporándoos ao uso habitual da web do centro, , potenciando o uso dos EDI.

- Renovar e manter a páxina WEB do centro.

- Impulsar a creación dun sistema de recollida e análise de información sobre as TIC.

- Iniciar no coñecemento e manexo dos novos recursos tecnolóxicos.

- roporcionarlles aos profesionais da educación a formación que lles permita avanzar na comprensión da natureza deste fenómeno e no coñecemento de procedementos e estratexias que contribúan á súa mellora.

- Valorar a utilidade Internet no desenvolvemento profesional do profesorado.

- Manexar e utilizar internet nas diversas materias de ensino-aprendizaxe tanto na búsqueda de información coma no seu tratamento posterior para a realización de traballos por parte do alumnado e preparación de material didáctico por parte do profesorado.

- Uso de Internet, correo electrónico, foros de discusión e descarga e descompresión de arquivos.

- Utilizar e coñecer as Webloggers coma ferramenta cualitativa propicia na elaboración dun “diario de campo” do noso seminario.

- Tratamento de CD-ROM e DVD educativos, análise de productos comerciais multimedia adaptados á nosas materias.

- Analizar as posibilidades didácticas dos recursos e dos servizos de Internet para a áreas do profesorado do seminario.

- Desenvolver actitudes de traballo compartido en colaboración.