7, Avaliación

A avaliación constitúe un elemento máis do proxecto e debe constituir unha ferramenta para reflexionar sobre as actuacións realizadas, as causas que poden dificultalas (ou facilitalas) e para buscar estratexias de mellora, tendo en mente o concepto de mellora continua.


O proceso de avaliación quedará centrado na consecución dos obxectivos propostos no Seminario, de forma que a propia utilización dos medios informáticos: ordenador e internet e na elaboración de material didáctico e na web, tanto de xestión como de traballo de aula, supón claramente a confirmación de ter acadado o obxectivo primordial proposto: a utilización da informática nas programacións de aula e na preparación das clases.

A proposta do seminario é establecer dúas fases de avaliación:

INICIAL. Trataríase de verificar as necesidades de formación e recursos precisos.

FINAL a realizar en base a CONSECUCIÓN dos OBXECTIVOS.